Política editorial
Fontes e correccións
TVG ON identifica as fontes principais e as datas relevantes. Os resumos, tráileres e fotografías de terceiros levan a atribución correspondente. Se detectas un erro, avisa á redacción coa ligazón e o dato que cómpre revisar. As correccións relevantes indicaranse na publicación.
Dereito de rectificación
Se unha información sobre ti contén feitos que consideras inexactos e que poden causarte un prexuízo, dirixe un escrito a Marcos Valencia García, director de TVG ON, nos sete días naturais seguintes á difusión, por un medio que permita acreditar a data e a recepción. Indica os feitos que solicitas rectificar, a data, a ligazón á información e o texto da rectificación. Podes contactar en tvgaliciaon@gmail.com ou utilizar o domicilio indicado no aviso legal.
Unha rectificación presentada conforme á Lei orgánica 2/1984 publícase de balde, íntegra e con relevancia semellante e sen comentarios nos tres días seguintes á recepción, coas regras de periodicidade previstas na lei.
Independencia editorial
TVG ON funciona sen publicidade nin patrocinios. A redacción decide que historias cobre e como as conta.